DisparodeNieve


http://disparodenieve.blogia.com

Temas

Archivos

Enlaces

"¡Ah de la vida!"

Cinematografía

Arte

Amigos irremediables

Música


Realidades comunicantes

image003.jpg

Se non chove, sinto que morro, que de seguro é peor que morrer.

Se chove, perdo a razón, fago cousas de antes, cousas que xa hai ben de tempo facía, cousas esquecidas que agora lembro, que me fan chorar e me fan rir e me fan chorar e tolear, en infinitivo.

Porque, so se chove, aparecerá na súa zona vella. E chove, e corro a buscala, a ficar un intre ante ela, un intre sordo e quedo, mudo e quedo, no que desosixenado perdo a consciencia. Compartimos esta choiva, este orballo pousado nas pedras amosándome a súa realidade, a súa figura no soportal, nunha fiestra a súa cara, a miña pantasmiña no fondo do ceo.

Se non chove, sinto que morro, que de seguro é peor que morrer. Por sorte, as bágoas, as pingueiras da alma, devólvenme agonía, esperanza, devólvenme fondos imprecisos e un sorriso infinito.

Dous mundos nun, tan lonxanos... pero tan á man.

A ti.

Invierno, 2004

Sábado, 23 de Julio de 2005 22:05. Previsualizar. Tema: Poiesis.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario

*

*
No será mostrado.


*

* Datos requeridos.